Saltar ao contido

Boris Gaganelov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaganelov
Información persoal
Nome Boris Atanasov Gaganelov
Nacemento 7 de outubro de 1941
Lugar de nacemento Petrich
Falecemento 5 de xuño de 2020
Lugar de falecemento Sofía
Altura 178 centímetros
Posición defensa
Carreira xuvenil
1956–1957 Belasitsa Petrich
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957–1960 Belasitsa Petrich
1959 Pirin Blagoevgrad 1 (0)
1960–1974 CSKA Sofia 350 (2)
Selección nacional
1963–1970 Bulgaria 51 (0)
Adestrador
1983–1984 Volov Shumen
CSKA Sofia II
1989–1990 Volov Shumen
1994 CSKA Sofia
Na rede
FIFA: 49678 Editar o valor en Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Boris Atanasov Gaganelov (en búlgaro: Борис Aтанасов Гаганелов), nado en Petrich o 7 de outubro de 1941 e finado en Sofía o 5 de xuño de 2020, foi un futbolista e adestrador búlgaro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Defensa histórico do CSKA Sofia, é o futbolista con máis partidos na historia do club, no que xogou de 1960 a 1974, sumando 350 partidos de liga e 36 en competicións europea (30 na Copa de Europa e 6 na Recopa de Europa). Gañou sete veces a liga búlgara e seis veces a Copa de Bulgaria. Na tempada 1966/67 disputou as semifinais da Copa de Europa contra o Inter de Milán de Helenio Herrera, quedando eliminado tras un partido de desempate.[1]

Foi 51 veces internacional coa selección de Bulgaria, 29 delas como capitán do equipo.[2] Representou a Bulgaria nos Mundiais de 1966 e 1970, caendo en ambos casos na primeira fase.

Faleceu o 5 de xuño de 2020.[3]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
CSKA Sofia
  1. "Inter-CSKA Sofia 1967". UEFA (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2022. 
  2. "Bulgaria - Record International Players". rsssf.com (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2022. 
  3. "CSKA legend Boris Gaganelov died suddenly!" (en inglés). 5 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]